Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ao certame, que repartirá tres premios de 100, 75 e 50 euros, poden presentarse persoas menores de 15 anos

- O prazo para entregar as obras estará aberto ata o 27 de xullo

1º PremioAnguía19

Valga, 30 de xuño de 2020.

O Concello de Valga convoca un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia.

Ao certame poden presentarse persoas menores de 15 anos de idade e que estean empadroadas en Valga. As súas obras, para as que non se establecen limitacións de técnicas a empregar, teñen que ser orixinais, estar elaboradas sobre soporte bidimensional (lenzo, cartolina, papel...) e facer referencia aos produtos que pon en valor a festa, a anguía e a caña, ou a elementos esenciais nos procesos de obtención dos mesmos. Tamén levarán obrigatoriamente o escudo do Concello e o texto “XXX Festa da Anguía e mostra da Caña do País. Agosto 22, 23, 28, 29 e 30”. Deben presentarse en formato A3 (297x420 milímetros) e en orientación vertical.

As obras non poden estar asinadas polos autores, senón que deben empregar un lema. Este mesmo pseudónimo aparecerá no sobre no que se introducirá a folla de inscrición cos datos persoais do participante, o enderezo e o teléfono de contacto. Tanto o orixinal da obra coma o sobre pechado teñen que entregarse no rexistro do Concello de Valga. O prazo estará aberto ata o día 27 de xullo.

Segundo establecen as bases, só pode presentarse unha obra por persoa.

Outorgaranse tres premios dotados con 100, 75 e 50 euros máis un trofeo. Ademais, a obra gañadora do primeiro premio será o cartel anunciador da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

ConcursoCartelAnguía2020 copia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver