Accessibility Tools

Estimada veciñanza e internautas en xeral, douvos a benvida a esta web do Concello de Valga.

Este portal, posibilita a realización de xestións e mellora a administración dos servizos municipais, a través, dun amplo abano de posibilidades,proporcionando á cidadanía ferramentas para un mellor coñecemento do noso Concello. Queremos ser un servidor público, e así, introducirnos naqueles aspectos que destacan pola súa relevancia, referentes á nosa historia, equipamentos, actividades formativas, culturais, festivas, de lecer e, en definitiva, de novas municipais que se consideran de interese. 

Con esta web e as súas actualizacións periódicas preténdese que ademais de ser unha fiestra aberta, sexa unha porta de entrada a todas aquelas suxestións, polo que invito a compartir as vosas ideas e proxectos, sendo un importante vehículo de comunicación, próximo, eficaz e transparente que pretende fortalecer, ampliar e engrandecer a visión que todas /os temos do noso pobo, co fin de seguir impulsando a Valga do futuro. 

 

foto benvida

D. José Mª Bello Maneiro (Alcalde de Valga) 

boton cita previa sede

boton extensions

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver