Accessibility Tools

Dende o Concello de Valga, queremos que participes de forma activa do teu concello. Para isto, creamos e difundimos múltiples alternativas formativas, culturais, educativas ou deportivas. Só tes que informarte e participar!

No noso concello tés á túa disposición:

       - Charlas e obradoiros dirixidos á xuventude: Estas accións están relacionadas coa promoción de hábitos saudables, formación e emprego da mocidade, promoción e difusión das tecnoloxías da información e  comunicación...

       - Expedición do carné xove: Destinado a mozos/as entre 12 e 30 anos, ten un custo de 6 euros e unha validez de 2 anos. Os mozos/as que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % terán dereito á expedición gratuíta, así como as persoas vítimas de violencia de xénero e os seus fillos/as.

       - Información sobre diferentes materias que poidan interesar á poboación xuvenil no eido do ocio e tempo libre, emprego, formación, bolsas, idiomas, certames musicais e artísticos, deportes, asociacionismo, subvencións, voluntariado...

       - Accións formativas e de lecer dirixidas a mozos/as de entre 14 e 30 anos.

       - Actividades de orientación nos centros educativos do concello e asociacións xuvenís.

       - Escola de Música: Consolidada e cun prestixio relevante demostrado coa obtención de numerosos galardóns, a Escola de Música da a oportunidade aos mozos/as de iniciarse nesta arte.

       - Festa da Xuventude: Unha xornada de ocio e deporte que une á xuventude do noso concello.

boton carne xove

boton informacion xuvenil

boton injuve

boton extensions

boton obradoiro

Volver