- Ao certame, que repartirá tres premios de 100, 75 e 50 euros, poden presentarse persoas menores de 15 anos

- O prazo para entregar as obras estará aberto ata o 24 de xullo

1º PremioAnguía19

Valga, 30 de xuño de 2020.

O Concello de Valga convoca un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia.

Ao certame poden presentarse persoas menores de 15 anos de idade e que estean empadroadas en Valga. As súas obras, para as que non se establecen limitacións de técnicas a empregar, teñen que ser orixinais, estar elaboradas sobre soporte bidimensional (lenzo, cartolina, papel...) e facer referencia aos produtos que pon en valor a festa, a anguía e a caña, ou a elementos esenciais nos procesos de obtención dos mesmos. Tamén levarán obrigatoriamente o escudo do Concello e o texto “XXX Festa da Anguía e mostra da Caña do País. Agosto 22, 23, 28, 29 e 30”. Deben presentarse en formato A3 (297x420 milímetros) e en orientación vertical.

As obras non poden estar asinadas polos autores, senón que deben empregar un lema. Este mesmo pseudónimo aparecerá no sobre no que se introducirá a folla de inscrición cos datos persoais do participante, o enderezo e o teléfono de contacto. Tanto o orixinal da obra coma o sobre pechado teñen que entregarse no rexistro do Concello de Valga. O prazo estará aberto ata o día 24 de xullo.

Segundo establecen as bases, só pode presentarse unha obra por persoa.

Outorgaranse tres premios dotados con 100, 75 e 50 euros máis un trofeo. Ademais, a obra gañadora do primeiro premio será o cartel anunciador da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

ConcursoCartelAnguía2020

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver