Accessibility Tools

CIM VALGA

O CIM (Centro de Información á Muller) é un servizo gratuito ao que poden acudir ás mulleres do Concello de Valga e concellos limítrofes para solicitar información e asesoramento xurídico, psicolóxico e orientación laboral, nas cuestións que lles afecten.

Área xurídica:
Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, fundamentalmente en dereito de familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias...), así como outros aspectos de dereito civil, administrativo e laboral.

Área psicolóxica:
- Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión, baixa autoestima.
- Apoio e intervención en caso de violencia de xénero e asesoramento en problemas de parella.

Servizo de promoción do emprego, formación e orientación:
Dirixido a todas aquelas persoas, especialmente mulleres, con dificultades tanto na formación como na busca e obtención de emprego.

Teléfonos de atención á Muller:
📞 Teléfono da Muller: 900 400 273
📞 Atención a víctimas de malos tratos: 016

Teléfonos Municipais:
🏛️ Concello: 986 55 94 56
🏢 C.O.D.I: 636 75 79 69 / 986 55 91 40

CIM Valga Imagen 1
CIM Valga Imagen 2