Accessibility Tools

AS PAISAXES E O TERRITORIO

CRUCES E CRUCEIROS

Durante o século XV iníciase a expansión dos cruceiros polas nosas terras, por un lado, grazas ás peregrinacións das ordes mendicantes a Compostela, en concreto a de San Francisco de Asís; e por outro, ao paso, en 1412, de San Vicente Ferrer. Nembargante, o auxe definitivo terá lugar nos séculos XVII e XVIII, ao facerse efectivas as ideas impostas pola Contrarreforma, sobre todo en canto á importancia da oración dos vivos para redimir as penas das ánimas. Esta idea aparece plasmada en numerosos cruceiros e, en xeral, nos petos de ánimas, construcións «ad hoc» localizadas nas encrucilladas ou nos camiños que lembran, a quen pasa ao seu carón, o sufrimento das almas e a súplica de axuda en forma de oracións ou esmolas.

O uso da cruz como símbolo do cristianismo, comezou coa santificación de elementos xa existentes procedentes de culturas anteriores, xa sexa colocándoa sobre menhires, miliarios romanos ou aras. Posteriormente aparecerían as cruces de peregrinos ao longo do Camiño de Santiago.

Os cruceiros están vinculados aos camiños formando parte da paisaxe en toda a xeografía valguesa, ben en atrios de igrexas, en capelas ou en encrucilladas. Son elementos de culto que chegan ata os nosos días como expresión da devoción popular.

En Valga contamos con cruceiros de diversas tipoloxías: de termo, de parada, de encrucillada, devocionais, penitenciais, viacrucis…

 

OS CAMIÑOS HISTÓRICOS

Valga ocupa un lugar estratéxico ao atoparse nunha zona de paso obrigado cara o interior de Galicia, tanto por vía terrestre como fluvial. Evidencia disto son as múltiples rutas de carácter histórico que percorren o noso concello.

CAMIÑO PORTUGUÉS

A peregrinaxe dende a capital lusa deixa no seu paso polo noso territorio nomes como o do rei Sancho II que peregrinou no 1244, Santa Isabel que fixo esta viaxe en dúas ocasións (1326 e 1335) ou o rei Don Manuel o Afortunado que se dirixiu a Santiago no 1502.

RUTA XACOBEA POLO MAR DE AROUSA E O RÍO ULLA

Dende o ben coñecido traslado do apóstolo por parte dos seus discípulos, as augas do Ulla foron testemuña do paso de incontables historias de xente que as navegou ata Padrón coa finalidade de visitar o sagrado sepulcro.

CAMIÑO REAL

A construción no 1889 da actual estrada que une Pontecesures e Vilagarcía de Arousa fixo caer en desuso o Camiño Real. Esta vía terrestre era a única que existía paralela ao Ulla, o que explicaba o seu uso por carreteiros, carrilanas e incluso peregrinos. Formando parte do Camiño Real e salvando o río Valga temos unha ponte de factura sólida, a Ponte do Souto con robustos bloques de granito e machóns semicirculares rematados de forma cónica.

VÍAS ROMANAS

A Vía Romana XIX, que vai dende Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga), ten o seu paso por Valga adscrito ao tramo AquisCelenis (Caldas de Reis) — Iria. A Vía XIX foi una ruta fundamental na difusión da cultura do Imperio. Nesta mesma liña está a Vía Romana XX ou «per loca marítima».

 

LOS PAISAJES Y EL TERRITORIO

CRUCES Y CRUCEIROS

Durante el siglo XV se inicia la expansión del los cruceiros por nuestras tierras, por un lado, gracias a las peregrinaciones de las órdenes mendicantes a Compostela, concretamente a la de San Francisco de Asís; y por otro lado, al paso, en 1412, de San Vicente Ferrer. Sin embargo, el auge definitivo tendrá lugar en los siglos XVII y XVII, al hacerse efectivas las ideas impuestas por la Contrarreforma, especialmente en cuanto a la importancia de la oración de los vivos para redimir las penas de las ánimas. Esta idea aparece plasmada en numerosos cruceiros y, en general, en los petos de ánimas, construcciones «ad hoc» situadas en los cruces o en los caminos que recuerdan, a quienes pasa cerca suyo, el sufrimiento de las almas y las súplica de ayuda en forma de oraciones o limosnas.

El uso de la cruz como símbolo del cristianismo se inició con la santificación de  elementos ya existentes procedentes de culturas anteriores, ya sea colocándola sobre menhires, miliares romanos o aras. Posteriormente aparecerían las cruces de peregrinos a lo largo del Camino de Santiago.

Los cruceiros están vinculados a los caminos formando parte del paisaje en toda la geografía valguesa, ya sea en los atrios de iglesias, en capillas o en los cruces. Son elementos de culto que llegan hasta nuestros días como expresión de la devoción popular.

En valga contamos con cruceiros de diversas topologías: de tramo, de parada, de cruces, devocionales, penitenciales, viacrucis…

LOS CAMINOS HISTÓRICOS

Valga ocupa un lugar estratégico al encontrarse en una zona de paso obligado hacia el interior de Galicia, tanto por vía terrestre como fluvial. Evidencia de esto son las múltiples rutas de carácter histórico que recorren nuestro municipio.

CAMINO PORTUGUÉS

El peregrinaje desde la capital lusa deja a su paso por nuestro territorio nombres como el del Rey Sancho II que peregrinó en 1244, Santa Isabel que realizó esta viaje en dos ocasiones (1326 e 1335) o el Rey Don Manuel el Afortunado que se fue a Santiago en el 1502.

RUTA XACOBEA POR EL MAR DE AROUSA Y EL RÍO ULLA

Desde el bien conocido traslado de apóstol por parte de sus discípulos, las aguas del Ulla han sido testigo del paso de incontables historias de gente que las navegó hasta Padrón con la finalidad de visitar el sagrado sepulcro.

CAMIÑO REAL

La construcción en el 1889 de la actual carretera que une Pontecesures y Villagarcía de Arousa hizo que el Camiño Real cayera en desuso. Esta vía terrestre era la única que existía paralela al Ulla, lo que explicaba su uso por carreteros, carrilanas  e incluso peregrinos.

Formando parte del Camino Real y salvando el río Valga tenemos un puente de construcción sólida, la Ponte de Souto, con robustos bloques de granito y machones semicirculares terminados en forma cónica.

VIAS ROMANAS

La Vía Romana XIX, que va desde Bracara Augusta (Braga) hasta Asturica Augusta (Astorga), tiene su paso por Valga adscrito al tramo AquisCelenis (Caldas de Reis) — Iria. La Vía XIX fue una ruta fundamental en la difusión de la cultura del Imperio. En esta misma línea se encuentra la Vía Romana XX o «per loca marítima».

 

LANDSCAPES AND TERRITORY

CROSSES AND WAYSIDE CROSSES

During the 15th century, the expansion of wayside crosses began in our lands. This expansion was influenced on the one hand, by the pilgrimages of mendicant orders to Santiago, particularly that of Saint Francis of Assisi, and on the other hand, by the visit of Saint Vincent Ferrer in 1412. However, the ultimate boom happened in the 17th and 18th centuries when the ideas imposed by the Counter-Reformation were implemented, particularly regarding the importance of the prayers of the living to redeem the souls in purgatory. This concept is represented in numerous wayside crosses and, in general, in "petos de ánimas" (soul chests), purpose-built constructions located at crossroads or along paths that remind passersby of the souls’ suffering and the plea for help in the form of prayers or alms.

The use of the cross as a symbol of Christianity began with the sanctification of pre-existing elements from previous cultures, whether placed on menhirs, Roman milestones, or altars. Subsequently, pilgrimage crosses appeared along the Camino de Santiago.

Wayside crosses are linked to paths, partaking in the landscape throughout the Valga region, whether in churchyards, chapels, or crossroads. They are worship elements that have persisted to this day as expressions of popular devotion. In Valga, we have crosses of various typologies: boundary crosses, wayside crosses, crossroads crosses, devotional crosses, penitential crosses, Via Crucis crosses, and more.

HISTORICAL PATHS

Valga is situated in a strategic location as it is in an area that serves as a necessary passage to inner Galicia, both by land and water. This is evident in the numerous historical routes that go through our municipality.

PORTUGUESE WAY 

The pilgrimage from the Portuguese capital leaves its mark on our territory, with names such as King Sancho II, who made the pilgrimage in 1244, Saint Elizabeth, who went on this journey twice (1326 and 1335), and King Don Manuel the Fortunate, who set off to Santiago in 1502.

JACOBEAN ROUTE THROUGH THE SEA OF AROUSA AND THE ULLA RIVER 

Since the well-known transfer of the apostle by his disciples, the waters of the Ulla have witnessed countless stories of people sailing to Padrón to visit the sacred tomb.

ROYAL ROAD 

The construction of the current road connecting Pontecesures and Vilagarcía de Arousa in 1889 led to the abandonment of the Royal Road. This land route was the only one parallel to the Ulla, explaining its use by carters, railcar operators, and even pilgrims. As part of the Royal Road and crossing the Valga River, there is a solidly made bridge: the Ponte do Souto, with robust granite blocks and semicircular piers finished up with a conical shape.

 ROMAN ROADS 

The Roman Road XIX, which spans from Bracara Augusta (Braga) to Asturica Augusta (Astorga), goes through Valga in the section AquisCelenis (Caldas de Reis) — Iria. The XIX Road was a crucial route for the expansion of the Empire's culture. In the same vein is the Roman Road XX or "per loca marítima."

boton extensions

boton obradoiro

Volver