Accessibility Tools

Os traballos do Servizo de Orientación do Concello de Valga céntranse en:

  1. Informar sobre o mercado de traballo, as medidas e servizos ofrecidos polos servizos públicos de emprego, as ofertas de emprego, así como os incentivos e medios dispoñibles para o apoio ás iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificacións.
  2. Xestionar itinerarios personalizados (IPI): deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúan unha proposta de derivación a acción para a  mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento).
  3. Xestionar ofertas de emprego: informar e xestionar ofertas de emprego axeitadas para cada usuario potenciando a captación e a cobertura de ofertas a través dun sistemas de intermediación transparente e eficaz.
  4. Promover e desenvolver os recursos comunitarios xeradores de posibilidade de inserción laboral.
  5. Fomentar a relación con empresas, asociacións de empresarios e outros axentes do mercado de traballo: contactar con empresas para difundir información sobre as iniciativas para facilitar a inserción laboral, realizando unha prospección das necesidades das empresas e o casamento entre as ofertas e demandas de emprego.
  6. Coordinar con outros servizos dentro da administración local, institucións provinciais, autonómicas e estatais para a atención integral da persoa.

 

 

Cartel orientacion 2016 v2 1

boton sepe

boton tesoreria

boton servizo emprego

boton extensions

boton obradoiro

Volver