Accessibility Tools

Enderezo: Plaza Manuel Vicente Cousiño, 1ª Planta - 36645, Valga (Pontevedra)
Horario: L-V de 17:00h a 20:00h
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Cunha zona de préstamo xeral e unha zona infantil, a biblioteca conta con 222 socios/as. Cun total de 6971 volumes á disposición do usuario/a.

Para os préstamos da Biblioteca é necesario obter antes o carné.

Como obter o carné da biblioteca? (datos necesarios):

  1.  Número de D.N.I.
  2.  Nome e apelidos.
  3.  Enderezo.
  4.  Código Postal.
  5.  Provincia.
  6.  Teléfonos de contacto.
  7.  Data de nacemento.
  8.  En caso de menores de idade, unha autorización do pai/nai/titor facéndose responsables.

Normas de uso da biblioteca (Regulamento 06/01/2009):

  •  Para poder acceder ao empréstamo dos libros é necesario ter o carné da biblioteca.
  •  O límite de días que se poden ter os libros en empréstamo son 15.
  •  Existen libros que só se poden consultar na sala de lectura. Non se pode facer empréstamo con eles.
  •  Na sala de lectura, o comportamento ten que ser óptimo, en silencio e respectando aos demais usuarios/as.
  •  Non se permite comer nin beber dentro das instalacións.
  •  Deberase respectar os fondos bibliotecarios facendo responsable do seu deterioro á persoa que nese momento os estea utilizando.

boton extensions

boton obradoiro

Volver