O Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES), cubre as emerxencias as 24 horas todo o ano na área territorial de Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis e Portas.
Os principais ámbitos de actuación son:
- Atención a incidencias derivadas de riscos naturais ou episodios meteorolóxicos adversos.
 - Incendios urbanos.
 - Derrubamentos de edificacións ou outras construcións.
 - Accidentes de tráfico.
 - Labores de busca e salvamento.
 - Labores de mantemento da rede de estradas e vías de comunicación.
 - Participación en diversos dispositivos de Protección Civil.
 - Participación nos Plans Xerais de Protección Civil a nivel autonómico, estatal e internacional.
 







										
										
										



