Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaron coreografías de zumba step, body jump e a nova disciplina “kangoo jump”

- O Auditorio acolle o sábado o concerto de fin de ano a cargo da Banda Municipal e a Coral Polifónica

zumbafitness1

Valga, 26 de decembro de 2018.

O Auditorio Municipal recibiu na tarde do pasado domingo ao alumnado da academia de zumba e fitness de Graciela Viturro, entre eles alumnos do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza aos sesións deportivas dentro das actividades extraescolares organizadas pola asociación de pais e nais.

Durante o evento sucedéronse as demostracións e coreografías de zumba, zumba step, body jump e unha nova disciplina denominada “kangoo jump”, que se practica cunhas chamativas botas con plataformas que permiten rebotar.

Esta foi unha das últimas actividades do ano no Auditorio, que pechará o 2018 o vindeiro sábado co tradicional concerto de fin de ano a cargo da Banda Municipal de Música e a Coral Polifónica Santa Comba. As dúas agrupacións locais actuarán a partir das 21 horas con entrada de balde para o público.

zumbafitness2 zumbafitness3

zumbafitness4 zumbafitness5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver