Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Están dirixidos a rapaces a partir de 5 anos, aínda que os de 4 tamén poden participar acompañados dun adulto

- A primeira actividade terá lugar o venres 21 a partir das 17 horas no Auditorio

postalreis

Valga, 19 de decembro de 2018.

As bibliotecas municipais de Valga organizan tres obradoiros de Nadal durante as vacacións escolares dirixidos a nenos a partir de 5 anos de idade, se ben os de 4 anos tamén poderán participar acompañados dun adulto que os axude.

As actividades comezan este venres, 21 de decembro, cun obradoiro de elaboración de postais de Nadal. O 28 de decembro terá lugar outro taller de creación de postais de Reis e, por último, o 4 de xaneiro os nenos poderán escribir as súas cartas aos Reis Magos.

Os tres obradoiros gratuítos realizaranse na biblioteca de Cordeiro, emprazada no Auditorio Municipal, entre as 17 e as 18 horas.

biblioteca Nadal

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver