Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Doce autobuses chegaron a Campaña durante a mesma mañá, a do domingo

- A enorme afluencia de pública durante a temporada de Nadal confirma ao nacemento como un dos grandes atractivos turísticos do municipio

belenart8

Valga, 18 de decembro de 2018.

O Belén Artesanal en Movemento segue a batir os seus propios rexistros e a acadar cifras de visitantes ata o de agora nunca vistas, o que o confirma como unha das composicións de Nadal máis afamadas de Galicia e de España e como un dos principais atractivos turísticos de Valga.

Se durante a primeira semana de apertura, con dous festivos nacionais, se rexistraron máis de 10.000 visitas con colas de hora e media de espera para poder entrar ao nacemento, non foi menos a expectación durante a pasada fin de semana.

A xornada do domingo volveu a ser de récord coa chegada de catorce autobuses a Campaña, un número nunca antes acadado nun só día. Doce das excursións concentráronse só durante a mañá e outras dúas chegaron pola tarde. E o sábado foron outros sete os autobuses que acudiron ao Belén Artesanal. En total, vinte e un durante a fin de semana, unha cifra que non fai máis que confirmar o bo traballo realizado pola asociación Amigos do Belén, que cada ano se encarga de montar o nacemento e crear novos contidos que non deixan indiferente.

Cangas, Carral, Bueu, Miño, Moaña, Vigo, O Bierzo e Asturias eran algunhas das procedencias dos excursionistas. A fama do Belén Artesanal en Movemento de Valga, declarado de Interese Turístico de Galicia, chega cada vez máis lonxe, recibindo a visitantes de todos os puntos de Galicia, de España e tamén estranxeiros, especialmente de Portugal.

En total, durante esta última fin de semana foron máis de 5.000 as persoas que se achegaron a ver o nacemento, que ten como principal peculiaridade a conxugación de esceas propias das festas de Nadal, con tradicións locais, mostras da cultura popular do rural de Galicia e a recreación de acontecementos de actualidade a nivel nacional e internacional. Isto fai do Belén de Valga unha montaxe única e outórgalle un carácter diferencial que é a clave do seu éxito.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver