Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Para a próxima semana xa hai fixadas outras sete visitas escolares e de Centros de Día

- Os grupos poden solicitar cita chamando aos números de teléfono 986 55 94 56 ou 630 95 25 15

Belén PraiaXardin1

Valga, 15 de decembro de 2018.

Escolares de Valga, Pontecesures e Boiro e outros colectivos chegados dende Ferrol, Ames e Vilagarcía estrearon durante esta semana as visitas concertadas ao Belén Artesanal en Movemento.

A primeira das visitas organizadas tivo como protagonistas o pasado luns a cincuenta persoas da Residencia Mixta de Maiores de Ferrol. Os usuarios deste centro público non coñecían ata o de agora o nacemento de Campaña, xa que este foi o primeiro ano que a residencia organizou esta excursión. A animadora sociocultural do centro descubriu o Belén Artesanal a través das redes sociais e decidiu traer aos maiores para que gozaran coa súa envergadura e todos os seus contidos.

O martes foi o turno dos 56 alumnos do Centro Rural Agrupado de Valga (CRA), integrado polas escolas unitarias de Forno, Ferreirós, Vilarello, Chenlo, Campaña e Xanza. Os rapaces, de entre 3 e 5 anos de idade, contemplaron abraiados cada unha das figuriñas e esceas do nacemento, ao igual que fixeron o o mércores os pequerrechos da Escola Infantil de Pontecesures.

Continuando coa actividade escolar, o xoves pola mañá achegáronse ata o Belén medio cento de alumnos de 3º e 5º cursos do CEIP Praia Xardín de Boiro. Tamén neste caso foi a primeira vez que o centro organizou unha visita ao Belén Artesanal e fíxoo como parte da asignatura de relixión. Os rapaces trouxeron fichas para cubrir e tiveron que percorrer todo o nacemento buscando as respostas ás preguntas que lles plantexaron as súas mestras.

Tamén o xoves estiveron en Campaña un grupo de once persoas da Asociación de discapacitados intelectuais Arcea, do Milladoiro (Ames) e o venres fixeron o propio os usuarios da Fundación Lar, de Vilagarcía. Durante a xornada de hoxe está prevista a chegada de varias excursións a Campaña.

Ademais destas citas concertadas, o Belén Artesanal continúa recibindo moitísimas outras visitas no seu horario habitual de apertura. As cifras están a ser de récord e, de feito, durante a primeira semana foron máis de dez mil as persoas que acudiron a velo.

O nacemento, obra da asociación cultural Amigos do Belén, permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o 13 de xaneiro. Entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20:30 pola tarde. Os colexios, asociacións e outros grupos poden concertar as visitas a través dos números de teléfono 986 55 94 56 ou 630 95 25 15.

Belén PraiaXardin2 Belén PraiaXardin3

Belén CRAValga1 Belén CRAValga2

Belén ResidenciaFerrol1 Belén ResidenciaFerrol2

Belén ResidenciaFerrol3 Belén Ames2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver