Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto, que se executará na próxima primavera, inclúe a renovación das beirarrúas, a instalación de pasos de peóns elevados e rede separativa de saneamento

- O alcalde e o delegado territorial da Xunta deron a coñecer esta mañá as actuacións

PO 190 1

Valga, 11 de decembro de 2018.

 A Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia investirá 357.899’86 euros na mellora da seguridade vial e dos servizos na estrada PO-190, nun tramo de 1’2 quilómetros en Ferreirós. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e máis o alcalde, José María Bello Maneiro, deron a coñecer este mediodía o proxecto, que acaba de ser licitado polo goberno autonómico e se executará durante a próxima primavera.

As actuacións que se acometerán nesta estrada de titularidade autonómica incluirán a mellora da rede de saneamento coa instalación de novas tubaxes separativas de augas pluviais e fecais e a substitución das actuais beirarrúas por unha senda peonil que, nalgúns puntos, será ensanchada para garantir a accesibilidade.

 No tocante á seguridade vial, adoptaranse medidas de calmado do tráfico como o estreitamento dos carrís de circulación e a colocación de sete pasos de peóns sobreelevados para reducir a velocidade dos vehículos. Por útimo, aplicarase unha nova capa asfáltica. Os traballos afectaran a toda a lonxitude da estrada P0-190, dende o seu entronque co vial PO-548 (Pontecesures-Vilagarcia) ata o quilómetro 1’2. O prazo de execución é de cinco meses e non serán precisas expropiacións, xa que os traballos desenvolveranse integramente en terreos dominio público.

O alcalde destacou que este proxecto viña sendo demandado polo Concello á Xunta de Galicia de forma recurrente xa que se trata de obras “necesarias tanto para garantir a seguridade vial como para contar con servizos de calidade”. Neste sentido, lembrou que as beirarrúas actuais teñen máis de vinte anos e que as tubaxes son, igualmente, antiquísimas. “Misturan as augas pluvias co saneamento e iso, no inverno, representa moitos máis metros cúbicos de aportación á depuradora, cos conseguintes desbordamentos”.

Pola súa parte, Cores Tourís subliñou que estas melloras afectan a un dos núcleos máis importantes da parroquia de Cordeiro, se ben beneficiarán a todos os veciños de Valga ao tratarse dun entorno no que se concentran numerosos servizos como o Auditorio Municipal, o Centro de Día, a biblioteca ou a Escola de Música, entre outros.

PO 190 2 PO 190 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver