Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A xornada de convivencia conmemorou o Día Internacional da Discapacidade

- Os usuarios continúan mañá coas actividades lúdicas e didácticas cunha saída a Caldas de Reis

codifamilias0

Valga, 3 de decembro de 2017.

O Centro Ocupacional para persoas con discapacidade de Valga celebrou hoxe o Día das Familias con actividades culturais e lúdicas nas que participaron tanto os usuarios como os seus achegados. A xornada de convivencia foi organizada con motivo do Día Internacional da Discapacidade, que se conmemora hoxe, 3 de decembro.

As actividades comezaron cunha recepción e un percorrido polas dúas exposicións de traballos feitos polos usuarios: unha de pintura, titulada “Capacidades”, e outra con cadernos e álbums de fotos que realizaron e decoraron durante un curso de iniciación ao scrapbooking. A mañá continou coa proxección do vídeo “Outras ilusións”, no que os usuarios revelaron dos seus desexos e. Ir de compras, pasear, colaborar con Protección Civil, o teatro, ir á perruquería ou retomar os estudos son algunhas das ilusións dos usuarios ao marxe do día a día no CODI.

Logo dun almorzo, todos os participantes escoitaron a emisión en Radio Valga dun manifesto a prol da plena inclusión das persoas con discapacidade que foi lido por un dos usuarios do centro: “Necesitamos sentirnos dentro da sociedade, sen límites nin barreiras, acadar a plena igualdade de oportunidades. Temos ilusións e necesitamos que se nos respecte e axude para que se fagan redalidade”. Tamén se proxectou un vídeo dunha das sesións de musicoterapia nas que participan semanalmente os usuarios e que imparte Antonio Bravo, mestre da Escola Municipal de Música.

A esta xornada de convivencia entre os usuarios e as súas familias asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, a tenente alcalde Carmen Gómez e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro. Un dos momentos máis emotivos viviuse durante a homenaxe a unha muller valguesa coidadora de persoas con discapacidade, Amelia Ferreirós Gil, “unha muller entregada ao coidado as 24 horas do día, un exemplo para todos porque sempre normalizou a discapacidade dos seus fillos”, destacou a concelleira Begoña Piñeiro.

As actividades con motivo do Día Internacional da Discapacidade continúan durante toda a semana. Mañá, os usuarios do CODI desprazaranse ata Caldas de Reis para asistir a unha sesión de cine e o mércores gozarán dunha xornada lúdica nun balneario. A programación pecharase o venres cunha sesión de musicoterapia e un obradoiro de cociña.

codifamilias1 codifamilias2

codifamilias3 codifamilias4

codifamilias5 codifamilias6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver