- A asociación Amigos do Belén fixo unha renovación completa do nacemento, que supera as 4.600 figuriñas

- Pode visitarse ata o día 13 de xaneiro, de luns a sábado polas tardes e os domingos e festivos mañá e tarde

belenart3

Valga, 2 de decembro de 2018.

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcade de Valga, José María Bello Maneiro, deron por inaugurada esta tarde unha nova edición do Belén Artesanal en Movemento en cuxa montaxe traballaron máis dunha trintena de veciños da asociación Amigos do Belén.

Bello Maneiro lembrou que o nacemento cumpre 24 anos sendo a estrela do Nadal en Valga e felicitou ao grupo de persoas que “traballa día a día para que todos poidamos gozar con esta marabilla. Doulles as grazas en nome dos veciños de Valga e da xente de toda España e incluso do estranxeito que veñen visitar o Belén”.

Nava Castro sinalou a inauguración do Belén Artesanal como o “inicio simbólico do Nadal en Valga e en Galicia”, lembrando que foi o primeiro nacemento galego en ser declarado de Interese Turístico. “Sodes orixinais, creativos e pioneiros; veciños xenerosos que traballades de forma desinteresada para que Valga se presente ao mundo como un pobo aberto”.

O acto inaugural foi conducido polo director de Radio Valga, Héctor Bermúdez, e contou coa participación dos párrocos de Campaña, Manuel Míguez, de Setecoros, Paulino Sánchez, e de San Miguel, Arturo Lores. Este último foi o encargado de bendicir o Belén antes de que se puxera en movemento e desen comezo as visitas. Tamén asistiron concelleiros da Corporación municipal, o ex alcalde de Valga Daniel Barreiro e o empresario Andrés Quintá.

Foi enorme a afluencia de público durante a tarde de estrea. Centos de persoas agardaron a pesar da chuvia o seu turno para poder descubrir as novidades desta edición. Ata Campaña chegaron esta tarde cinco autobuses de procedencias dispares como Vigo ou Avilés (Asturias) e outras moitas persoas, familias e grupos que non quixeron perder a oportunidade de ser dos primeiros en ver a renovada montaxe.

Incorporáronse este ano duascentas figuriñas e novas edificacións como unha impresionante réplica do edificio do Auditorio Municipal, o Centro de Interpretación da Caña do País ou, en clave política, o chalé de Pablo Iglesias e Irene Montero. Tampouco pasa desapercibido o cárcere no que comparten celas presos do “procés” catalán, dalgunhas das tramas de corrupción de máis sona e, nun aparte, Iñaki Urdangarín.

Outros asuntos que foron actualidade durante 2018 e que aparecen reflexados no Belén son a moción de censura que lle abriu a Pedro Sánchez as portas da Moncloa, a polémica viaxe de Sánchez ao concerto de “The Killers” no avión presidencial, as novidades do “procés”, o cambio de líder no Partido Popular, o corenta aniversario da Constitución, o máster de Cristina Cifuentes ou o rifirrafe entre as raíñas Letizia e Sofía en Mallorca a conta dunha fotografía.

Hai homenaxes póstumas a persoeiros do mundo da cultura como Monserrat Caballé e tamén a personaxes locais, como o fotógrafo Anxo Abalo e o pintor Pepe Potel. Tamén en clave local, destacan as figuriñas das catro centenarias valguesas vivas: María Bouzas (102 anos), Juana Martínez Pose, María Josefa Senín e Jesusa Elvira Pardal, as tres con 100 anos.

A manifestación en contra da derogación da prisión permanente revisable, un casamento que nada ten que envexar ao da herdeira do imperio Inditex, Marta Ortega, o dúo de Amaia e Alfred en Eurovisión, os tres concursantes galegos da pasada edición de Operación Triunfo, o 35 aniversario do videoclip “Thriller” de Michael Jackson ou un Celta-Real Madrid de fútbol son outras das novas escenas que comparten protagonismo con María, Xosé e o Neno Xesús. En total máis de 4.600 figuras dispostas nunha superficie de 400 metros cadrados, todo feito de maneira artesanal polos veciños conxugando tradición e actualidade, modernidade e costumismo.

Nesta edición, ademais, os visitantes poden disfrutar da nova composición do xardín exterior do Belén, que foi acondicionado e decorado para dar a benvida a todos os visitantes.

O Belén Artesanal en Movemento permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o 13 de xaneiro, entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20:30 pola tarde. Os colexios, asociacións e outros grupos poden concertar as visitas a través dos números de teléfono 986 55 94 56 ou 630 95 25 15.

belenart1 belenart2

belenart3 belenart4

belenart5 belenart6

belenart7 belenart8

belenart88 belenart9

belenart10 belenart11

belenart111 belenart12

belenart13 belenart14

belenart15 belenart16

belenart17 belenart18

belenart19 belenart20

belenart21 belenart22

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver