Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Traballaron na detección dalgúns dos principais problemas medioambientais

- Vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña aprenderán durante nove meses os oficios e albanelería e acondicionamento forestal

obradoiromambiente

Valga, 30 de novembro de 2018.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III asistiu esta semana a un módulo sobre Sensibilización Ambiental como parte da formación complementaria aos oficios que van a aprender durante os nove meses de duración do proxecto formativo: os de albanelería e acondicionamento forestal.

O módulo tivo unha duración de nove horas e foi impartido polo experto docente da especialidade de foestal, Manuel Fernández. Tratouse de introducir aos alumnos no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral como no ámbito laboral, e a súa aplicación nas especialidades de albanelería e forestais a través do desenvolvemento de boas prácticas ambientais.

Durante as sesións fíxose fincapé en asuntos como a contaminación, os vertidos, o tratamento de residuos, a compostaxe, o desenvolvemento sostible, a deforestación e a desertización, entre outros. Os participantes fixeron prácticas de detección dos principais problemas medioambientais aplicados ás especialidades formativas do obradoiro.

Este módulo impartiuse ao mesmo tempo que o alumnado recibe a formación específica de cada especialidade e que culminará coa realización de prácticas en cada un dos oficios.

No Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III participan vinte persoas desempregadas dos concellos de Valga e Moraña.

obradoiromambiente2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver