- A función, a cargo compañía Pallasos en Rebeldía, terá lugar o 5 de decembro no Auditorio

- Unha nena que fuxe da guerra e un rapaz soldado representan dous mundos separados só por un valado

ovalo1

Valga, 22 de novembro de 2018.

Promover a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas é a finalidade do espectáculo teatral “O valo”, creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e que chegará a Valga o vindeiro 5 de decembro. A representación terá lugar ás 12 horas no Auditorio Municipal e a ela asistirán estudantes de 5º e 6º cursos de Primaria e de 1º e 2º da ESO.

Baseada no texto homónimo de Carlos Labraña que recibiu o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, o obxectivo da obra é evitar o esquecemento das guerras e da xente que foxe delas, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián de fronteiras móbiles. Dous mundos e dúas realidades separadas só por un valado.

A obra de teatro, dirixida por Iván Prado e protagonizada polos actores Fran Rei e Saleta Fernández, está a percorrer os municipios socios do Fundo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles Valga. Esta organización está integrada por 96 concellos e tres deputacións provinciais que concentran deste xeito os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese, así, unha xestión profesional e transparente, ademais da realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.

OValo

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver