Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e as concelleiras de Igualdade e Educación acompañaron aos usuarios nos actos desta mañá

- A programación do Concello con motivo do 25-N continúa o venres coa obra de teatro “Pementeiras”, no Auditorio

25n 7

Valga, 21 de novembro 2018.

Os usuarios do CODI foron esta mañá os protagonistas das actividades conmemorativas do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.

No Centro Ocupacional estreouse a exposición gráfica “Sensacións”, que amosa a perspectiva de persoas discapacitadas sobre a violencia machista. A mostra inclúe fotografías e outros elementos extraídos da páxina web www.enfemenino.com e acompáñase dun mural feito tamén polos usuarios con mensaxes de especto e igualdade e en contra da violencia. “Eu elixo a miña vida”, “Se doe non é amor” ou “Non son da túa propiedade” son algunhas das frases que poden lerse na composición.

Tamén na mañá de hoxe, os usuarios e persoal do CODI e o alumnado do curso AFD que se está a impartir no centro plantaron a árbore dos desexos, un abeto en memoria de todas as vítimas da violencia machista e decorárono con mensaxes de igualdade, respecto, non discriminación e contra o maltrato. Neste acto, que estaba previsto para mañá pero que se adiantou ante as previsións de chuvia, participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Igualdade, Begoña Piñeiro, e a edila de Educación, Carmen Gómez. O rexedor manifestou o seu desexo de que o crecemento desta árbore se converta en símbolo do crecemento da concienciación social contra a violencia de xénero. A concelleira de Igualdade, pola súa parte, explicou que o abeto representa o nacemento e que, precisamente, se elixiu esta especie para evocar o nacemento dunha nova sociedade libre de maltratadores.

As actividades de sensibilización cidadá e prevención da violencia machista promovidas polo Concello con motivo do 25N xa deron comezo o pasado domingo co contacontos “Rosa non é unha cor”, a cargo de Cris de Caldas e que tratou sobre os estereotipos sexistas e os roles de xénero. Estivo seguido dun obradoiro de manualidades para reforzar os valores traballados cos contos.

A programación retómase o venres, cando a compañía Xoré Teatro representará no Auditorio “Pementeiras”, un proxecto pedagóxico teatral que ten como obxectivo potenciar a igualdade a través do empoderamento feminino. Será pola mañá coa asistencia de alumnado dos centros educativos de Valga.

Esa mesma xornada as profesionais do Centro de Información á Muller (CIM), a abogada Ángela Fernández e a psicóloga Marcela Santorum, participarán en Radio Valga nunha charla coloquio sobre as novidades do Pacto de Estado sobre violencia de xénero. E ao día seguinte, o sábado 24, a agrupación Camerata Valguesa ofrecerá no Auditorio o concertó “Música contra a violencia de xénero”. Comezará ás 21 horas con entrada de balde para o público.

O domingo 25, Día Internacional contra a violencia de xénero, os monólogos “Miña casiña, meu lar”, reflexionarán dende un punto de vista humorístico sobre a crúa situación das mulleres maltratadas. Será no Auditorio a partir das 18:30 horas e o público pode asistir de balde.

As actividades pecharanse o xoves 29 de novembro co contacontos pola igualdade “Unha feliz catástrofe”, sobre a participación de toda a familia nos traballos domésticos. É organizado polas bibliotecas municipais e terá lugar a partir das 17:30 horas na biblioteca de Cordeiro.

25n 1 25n 2

25n 3 25n 4

25n 5 25n 6

25n 7 25n 8

25n 9 25n 10

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver