Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Pódense mercar á comunidade educativa, no Concello, no Auditorio e en establecementos de hostalería

- O obxectivo é reunir 3.000 euros, cos que tamén recibirían formación homologada para o manexo dos dous dispositivos

eipulseiras2

Valga, 16 de novembro de 2018.

A Escola Infantil Municipal está a recadar fondos para financiar un desfibrilador semiautomático, un dispositivo anti atragantamentos e a formación homologada necesaria para o seu manexo a través da venda de pulseiras do Proxecto Salvavidas, unha  iniciativa social que trata de concienciar sobre a importancia de aprender técnicas de reanimación e primeiros axilios e promove unha maior implantación de desfibriladores en infraestruturas e espazos públicos.

Para acadar o seu obxectivo, a Escola Infantil ten que vender un total de 1.000 “pulseiras salvavidas” a un prezo de tres euros cada unha. O martes recibiron unha primeira remesa de 400 que xa foron distribuídas polos locais nos que poden adquirirse: no departamento de Servizos Sociais do Concello, no Auditorio e os bares Pontellón, Alba e Rouxel. Ademais, moitos pais de alumnos están a contribuír coa iniciativa vendendo tamén pulseiras entre os seus familiares e achegados. En apenas tres días lograron reunir 321 euros que se corresponden coa venda de máis dun cento de pulseiras. A meta é xuntar 3.000 euros para facer da Escola infantil un espazo cardioprotexido.

A directora do centro, Aurora Díaz, e a educadora Belén Tarrío, coordinadoras do proxecto, destacan que “o estamos levando a cabo con moita ilusión e seguro que o imos conseguir. As familias dos alumnos están moi implicadas e participando activamente na venda das pulseiras. Pensando nos seus fillos interésalles, sobre todo, poder contar co dispositivo anti atragantamento e tamén co desfibrilador, como é lóxico. Hai que ter en conta que non só melloraría a seguridade dos nenos, xa que pola escola pasa moita xente: pais, avós, etc.”.

eipulseiras1 eipulseiras2

Cartel pulseiras

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver