Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Desenvolverase entre os días 26 de novembro e 5 de decembro en horario de mañá

- As inscricións poden realizarse chamando aos teléfonos 986 556 769 ou 986 559 456

tablet

Valga, 12 de novembro 2018.

A Aula CeMIT imparte entre os días 26 de novembro e 5 de decembro un curso de formación dixital básica centrado no uso da tableta e dirixido, principalmente, a persoas maiores.

A actividade está orientada a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos e de amosarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar.

Hai doce prazas dispoñibles e as inscricións poden realizarse chamando aos números de teléfono 986 559 456 ou 986 556 769. As sesións do curso desenvolveranse en horario de mañá, entre as 12 e as 13 horas.

Esta actividade realízase en colaboración coa Fundación Vodafone España, aliada do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, unha iniciativa coa que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) contribúe á alfabitización e capacitación dixital da poboación galega a través do impulso do uso das novas tecnoloxías, entre elas os dispositivos móviles.

Para aquelas persoas que non dispoñan de tableta e queiran asistir igualmente ao curso, a Fundación Vodafone poñerá a disposición do alumnado varios dispositivos para que poidan practicar durante as clases.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver