Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Foi solicitado polo Concello á Consellería de Economía e Emprego dentro do Plan AFD

- Ademais dos contidos teóricos, inclúe 80 horas de prácticas en empresas

cursoafddatos1

Valga, 8 de novembro 2018.

Quince alumnos, dos cales catorce son veciños de Valga, comezaron o pasado luns un curso de Operacións de gravación e tratramento de datos e documentos de 458 horas de duración e que se imparte en dependencias do Centro Ocupacional para persoas con discapacidade (CODI), en Baño.

Trátase dun curso con certificado de profesionalidade do Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados) que foi solicitado polo Concello á Consellería de Economía e Emprego. Seleccionáronse como alumnos a quince titulares e dous suplentes para cubrir posibles baixas. Os participantes reciben unha bolsa de desprazamento, outra de conciliación para aqueles alumnos que teñen fillos menores de 6 anos e está estipulada unha terceira bolsa para persoas con discapacidade.

Os contidos teóricos do curso inclúen os seguintes módulos: Gravación de datos, Procesadores de textos e presentacións de información, Tramento básico de datos e follas de datos, Transmisión de información por medios convencionais e informáticos, Xestión auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático e Xestión auxiliar de reproducción en soporte convencional ou informático. A estes engándense senllos módulos de inserción laboral e igualdade e, por último, 80 horas de prácticas en empresas.

Prolongarase ata o mes de marzo de 2019.

cursoafddatos2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver