Resolución de Alcaldía de designación de membros do tribunal e aprobando lista provisional da convocatoria para a selección doutro persoal laboral temporal de electricista por substitución provisional de vacante por xubilación mediante concurso-oposición
 
 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
 
Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de electricista por substitución provisional de vacante por xubilación mediante concurso-oposición.
 
De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía núm. 2018-0452 de data 19 de outubro de 2018, e en virtude do artigo 20 do Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado polo Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, en uso das miñas atribucións,
 
RESOLVO:
 
PRIMEIRO. Designar como membros do Tribunal que debe xulgar as correspondentes probas a:
— Presidente: Serafín Vigo García, ou persoa en quen delegue
— Secretario: Juan Manuel Salguero del Valle, ou persoa en quen delegue
— Vogal: Mª José Devesa Fernández, ou persoa en quen delegue
— Vogal: Francisco José Jamardo Penalta, ou persoa en quen delegue
— Vogal: Simeón Barros Jamardo, ou persoa en quen delegue
 
SEGUNDO. Aprobar a seguinte relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos:
 
RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:
- MUÑÍZ GARCÍA, ALEJANDRO, DNI 35489101D
- LOURO SANTIAGO, JOSÉ JAVIER, DNI 76867614G
- CAJARAVILLE SOUTO, ADRIÁN, DNI 35489096G
- BOUZÓN LORENZO, LUIS MIGUEL, DNI 35486752Y
- TURNES OLIVERA, RUBÉN, DNI 78796259F
- MORLÁN PEREIRA, DIEGO, DNI 35484595B
- CASAL TOUCEDA, JORGE, DNI 36147856K
- GONZÁLEZ BUSTELO, JUAN JOSÉ, DNI 45952998X
 
RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:
- LUCIO RODRÍGUEZ, DAVID, DNI 35465447E
- BERMÚDEZ TOUCEDA, ESTEBAN, DNI 35472750B
- ORDOÑEZ ORDOÑEZ, JUAN RAMÓN, DNI 33270888P
Polas causas seguintes: non posuír titulación requirida
 
TERCEIRO. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de TRES DÍAS HÁBILES, a partir da publicación deste anuncio na Sede electrónica do Concello de Valga (7 de novembro de 2018) para formular reclamacións ou emendar os defectos que motiven a súa exclusión.
 
CUARTO. Publicar a relación provisional de admitidos e excluídos na sede electrónica deste Concello [dirección https://valga.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios do Concello.
 
O alcalde,
José Mª Bello Maneiro
 

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver