Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os candidatos realizarán nos vindeiros días unha proba práctica de montaxe e mantemento de redes eléctricas

- Tamén se valorará a súa formación e experiencia laboral

 

Valga, 2 de novembro de 2018.

Un total de once aspirantes presentaron as súas solicitudes para participar no concurso-oposición convocado polo Concello para contratar, en réxime de persoal laboral temporal, a un electricista para cubrir unha praza actualmente vacante por xubilación. O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado luns, 29 de outubro.

O proceso selectivo valorará as capacidades dos candidatos mediante a realización dunha proba práctica consistente no manexo e realización de operacións eléctricas, así como de montaxe e mantemento de redes eléctricas de segunda e terceira categoría, valorando o tribunal a destreza e o tempo empregado. Nos vindeiros días todos os aspirantes admitidos serán convocados para realizar esta proba. Tamén se terán en conta os méritos de cada candidato, en concreto a formación e a súa experiencia laboral.

A persoa seleccionada será contratada a xornada completa por un período inicial de cinco meses prorrogables ata cubrir a praza. Quedará adscrita ao Servizo de Operarios de usos múltiples e as funcións a realizar serán as propias do persoal asignado ao servizo de obras do Concello e, en concreto, tarefas relacionadas con instalacións eléctricas en edificios e instalacións públicas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver