Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os premiados son Sara Iglesias e Juan Lago, estudantes do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría

- “Quería facer un proxecto orientado á igualdade, xa que a presenza da muller é moi escasa neste sector”, explica Sara Iglesias

Suevia2

Valga, 2 de novembro 2018.

Sara Iglesisas Rodríguez e Juan Lago Mariño, alumnos do IES de Valga, acaban de proclamarse gañadores do primeiro premio do concurso Eduemprende Idea 2018 na modalidade de ciclos Medios cun proxecto empresarial titulado “Suevia, Mantemento e Restauracións Metálicas S.L.” que procura mellorar a empregabilidade das mulleres no sector das estruturas metálicas.

O traballo realizárono no marco da materia “Empresa e Iniciativa emprendedora” do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría que se imparte no IES de Valga. Propón un modelo de empresa dedicado á conservación e ao mantemento de estruturas metálicas que ofrece, ademais, o servizo de análise das estruturas, atendendo á posible demenda de particulares e de empresas. O proxecto inclúe unha análise da contorna na que se desenvolvería a empresa, a realización dun plan de marketing e de producción e un estudo da viabilidade económico-financeira.

Como factor innovador, o traballo propón cubrir  baleiro que existe no mercado de empresas que fagan mantemento de estruturas e potenciar a empregabilidade das mulleres neste sector.

“Realicei este proxecto para organizar unha serie de idades que tiña na mente dende hai tempo. Tiña gañas de crear, aínda que fose dende o punto de vista teórico, algo distinto e orixinal que cubrise as carencias que eu vexo no mercado e, sobre todo, quería facer un proxecto orientado á igualdade e ao feminismo, xa que a presenza da muller neste sector é escasa”, explica unha das promotoras do traballo, Sara Iglesias.

O certame Eduemprende Idea foi convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e premio gañado polos estudantes do IES de Valga conta cunha dotación económica de 3.000 euros.

Suevia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver