Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Colocaranse sinais nas entradas dende Caldas, Catoira, Cuntis, Pontecesures e A Estrada dando a benvida aos visitantes

- Incorporarán imaxes dos recursos máis emblemáticos do municipio para dar valor a Valga como destino turístico

sinaiss1

Valga, 9 de outubro 2018.

O Concello de Valga vai a renovar a sinalización fronteiriza do termo municipal nas principais vías de acceso ao mesmo, actuación para a que conta cunha subvención por valor de 31.374,19 euros de Turismo de Galicia. Esta cantidade representa o 65% do total do orzamento, que ascende a 47.976 euros.

As novas sinais a colocar nas vías de acceso principais terán unha altura de 5 metros por 1,1 de ancho. As que se empracen nas vías de acceso secundarias serán un pouco máis reducidas: 4 metros de alto por 1,1 de ancho. Todas se executarán con estrutura interior de aceiro galvanizado e paneis de revestimendo de aluminio. O deseño estamparase mediante técnicas de impresión dixital con tintas ecosolventes e biodegradables sobre vinilos. Empregarase material reflectante e incorporaranse, ademais, imaxes e ilustracións de recursos emblemáticos do municipio.

A ubicación das sinais de 5 metros de altura será a seguinte:

  • Na estrada N-550 na entrada a Valga dende Pontecesures, á altura da Tarroeira.
  • Na estrada N-550 na entrada a Valga dende Caldas, á altura da ponte da autopista AP-9.
  • Na estrada PO-548 na entrada a Valga dende Pontecesures, no entorno da rotonda da Charca.
  • Na estrada PO-548 na entrada a Valga dende Catoira, no Alto de Cordeiro.

As sinais de 4 metros de alto emprazaranse nos seguintes puntos:

  • Na estrada PO-220 na entrada a Valga dende Cuntis, en Casaldeirigo.
  • Na estrada municipal que da entrada a Valga dende A Estrada, nos Martores.
  • Na estrada que comunica Santa Baia (Catoira) con Vilar.
  • Na estrada municipal de entrada a Valga dende Pontecesures, á altura da Devesa.

Esta nova sinalización informativa de carácter fronteirizo servirá como delimitadora do termo municipal e, ademais, como recibimento para todos os visitantes, dando valor a Valga como destino de interese turístico. Os traballos foron adxudicados á empresa Señalizaciones Villar S.A., que ofertou como mellora a instalación doutras 55 sinais indicativas de lugares.

sinaiss2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver