Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Profesorado e familias confeccionaron un mural sobre a figura do mestre e a súa función

- A Unesco elixiu como lema neste 2018 “O dereito á educación implica o dereito a docentes cualificados”

docente4

Valga, 5 de outubro de 2018.

A Escola Infantil Municipal conmemorou esta mañá o Día Mundial do Docente que, dende hai 24 se conmemora o día 5 de outubro. Neste 2018 cúmprese, ademais, o 70 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos na que se recoñece que a educación é un dereito fundamental clave.

O profesorado e as familias do alumnado da escola de Baño confeccionaron un mural centrado na figura do mestre e na súa función, con frases escritas polos pais dos rapaces describindo o que, para eles, é o cometido primordial dos docentes.

“Aporta as ferramentas para construír un adulto educado e respectuoso”, “É o complemento imprescindible na educación dos nosos fillos” ou “Forman, educan e transmiten valores que axudan no desenvolvemento e formación dos nenos” son algunhas das descricións que as familias fan do persoal educativo.

O lema elixido este ano pola Unesco para conmemorar este día é “O dereito á educación implica o dereito a docentes cualificados” e fai fincapé en que contar con mestres preparados é unha condición indispensable para que o dereito á educación poida materializarse.

docente1

    docente2                                           docente3 

docente5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver