Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Operarios municipais están a executar as obras na zona de aparcamento da praia fluvial

- O punto contará con servizo de abastecemento de auga e saneamento

autocaravanas1

Valga, 5 de outubro 2018.

Operarios do Concello están a executar as obras para habilitar unha área de servizo para autocaravanas en Vilarello.

Os traballos, que se financian con fondos municipais, desenvólvense no tramo final da zona de estacionamento da praia fluvia, no entorno máis próximo á vía do ferrocarril. Consisten no acondicionamento dun punto de vertido e enchido de depósitos que disporá dos servizos de abastecemento de auga e saneamento. A zona, ademais, conta con espazo sufienciente para que os autocaravanistas poidan estacionar os seus vehículos.

A creación de esta área de servizo foi plantexada ao Concello dende a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) e a execución do proxecto foi aprobada no Pleno do pasado mes de xullo. O turismo de autocaravana está en auxe e o Concello non quere pasalo por alto, ofrecendo resposta e alternativas aos viaxeiros que demandan este servizo.

autocaravanas2 autocaravanas3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver