Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estreouna cunha medalla de prata na Travesía Internacional de Foz

- O goberno local continúa así coa súa política de colaboración e respaldo aos clubs, equipos e deportistas do municipio

antoniofraga1

Valga, 4 de outubro de 2018.

O Concello de Valga, continuando coa súa política de colaboración e respaldo aos clubs, equipos e deportistas do municipio, fíxolle entrega recentemente dunha pala ao piragüista José Antonio Fraga Souto.

O Concello convértese así nun dos patrocinadores principais deste mozo dos Martores que compite co Club Náutico de Pontecesures e que nos últimos dous anos ten acadado logros salientables: campión de España de 500 metros e subcampión de 200 e 1.000 metros na temporada 2016/17; e campión galego de C1-1.000 metros, C1-200, C2-1.000 e C4-500 na temporada 2017/18, na que ademais obtivo a medalla de bronce no Campionato de España en C1-500 e C1-200 e foi quinto na Copa do Mundo de Maratón disputada en Portugal. A actual é a súa primeira temporada como sénior.

Foi o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, o que lle fixo entrega da pala a Antonio Fraga, que a estreou cun excelente resultado na Travesía Internacional de Piragüismo de Foz, onde acadou a medalla de prata en C2 xunto a Rubén Gómez.

antoniofraga2 antoniofraga3

antoniofraga4          antoniofraga5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver