Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Con iniciativas como esta quérese seguir mellorando a calidade de vida e favorecendo a integración das persoas con discapacidade

- O centro xa ten en funcionamento obradoiros de reciclaxe, musicoterapia, estimulación cognitiva, manualidades e un invernadoiro

codi fachada

Valga, 21 de setembro de 2018.

O Concello de Valga adxudicou esta semana a instalación dun forno de cerámica no CODI, que conta cun orzamento de 40.592 euros e que inclúe o acondicionamento dun local para o seu emprazamento. O adxudicatario é José Luis Magariños Pardal.

Esta iniciativa pretende ampliar a oferta de actividades do Centro Ocupacional para persoas con discapadidade de Baño, co obxectivo de seguir mellorando a calidade de vida dos seus usuarios, contribuír a incrementar as súas capacidades e nivel educativo e, en definitiva, favorecer a integración das persoas con diversidade funcional. O proxecto, que se executará con cargo ás anualidades 2018 e 2019, conlevará o acondicionamento dun local nos exteriores do edificio do CODI e a adquisición e instalación dun forno de cerámica para a posta en marcha dun obradoiro.

Actualmente o centro xa ten en funcionamento outros obradoiros de reciclaxe de aparatos eléctricos e electrónicos, musicoterapia, estimulación cognitiva, manualidades e un invernadoiro.

O proxecto do forno de cerámica conta cunha subvención de 30.687’55 euros do programa europeo Leader concedida ao Concello polo Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla-Umia.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver