Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As imaxes, vencelladas aos recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da comarca, poden presentarse ata o día 28 de setembro

- O certame repartirá 7.500 euros en cinco premios

concursoGDR

Valga, 19 de setembro de 2018.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla-Umia convoca o segundo premio de fotografía “Descubrindo o rural”, coa finalidade de poñer en valor e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da súa zona de influencia, que inclúe ao municipio de Valga.

Poden presentarse ao certame persoas físicas ou xurídicas e tamén agrupacións de persoas físicas ou xurídicas tanto públicas como privadas. Deberán presentar una fotografía vinculada á temática “Descubrindo o rural” e que contribúa de xeito singular á promoción do medio rural, natural e medioambiental do territorio do GDR Salnés Ulla-Umia.

A imaxe ten que presentarse seguindo dúas canles. Ten que enviarse por correo postal (Rúa Cruceiro, 43. 36990 Vilalonga-Sanxenxo) xunto cunha copia do DNI ou CIF do participante e a solicitude de participación debidamente cuberta. Esta pode descargarse premendo AQUÍ. O tamaño mínimo da fotografía ten que ser de 20x15 centímetros.

Ademais, debe realizarse un segundo envío mediante correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A fotografía ten que adxuntarse en formato JPEG co tamaño mínimo de 3508x2480 píxeles. Sen estes dous pasos non se dará por admitida a solicitude de participación no concurso.

O tope máximo será de tres fotografías por participante. Non se poderán presentar aquelas fotografías que foran premiadas con anterioridade noutros concursos ou certames. O xurado estará composto por membros da xunta directiva do GDR, representantes da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e profesionais do sector da fotografía. Os criterios de valoración serán:

  • O grao de relación coa temática do premio: “Descubrindo o rural”
  • O grao de contribución á exaltación do medio rural ou natural existente no territorio do GDR Salnés Ulla-Umia
  • O grao de vinculación da fotografía a iniciativas de desenvolvemento sustentable do medio rural ou natural
  • Grao de singularidade/orixinalidade da fotografía
  • Grao de relación cos sectores máis importantes do territorio rural do GDR Salnés Ulla-Umia (turismo, agricultura, forestal…) ou co patrimonio cultural, etnográfico, etc.

O xurado concederá 5 premios dotados coas seguintes cantidadades:

premios

Regulamento do concurso

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver