- O trámite debe realizarse canto antes para entrar no proceso de selección do alumnado

- Vinte desempregados formaranse nas especialidades de albanelería e traballos forestais

obradoiroeemprego

Valga, 17 de setembro de 2018.

O Concello de Valga, xunto co de Moraña e co respaldo económico da Consellería de Industria, vai poñer en marcha un novo Obradoiro de Emprego para vinte persoas desempregadas.

Os interesados en participar neste proxecto formativo teñen que estar inscritos como demandantes de emprego e acudir á oficina do Servizo Público de Emprego (SEPE)  en Vilagarcía para anotarse nun dos dous módulos dos que constará o obradoiro: albanelería e traballos forestais.

Aínda que non hai un prazo establecido para formalizar este trámite, o Servizo de Orientación Laboral do Concello recomenda realizalo canto antes xa que o Servizo Público de Emprego pode pechar as listas en calquera momento e sen previo aviso. As persoas anotadas participarán despois nun proceso de selección que constará de varias entrevistas e do que sairán os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III. Terán preferencia os desempregados empadroados nos dous concellos promotores, Valga e Moraña.

Para máis información sobre como anotarse para entrar no proceso selectivo, poden dirixirse ao Servizo de Información e Orientación Laboral do Concello.

O obradoiro Ulla-Umia III consta de dous módulos de construción e acondicionamento forestal. A metade dos alumnos, dez, obterán os certificados de profesionalidade de Operacións auxiliares de revestimentos en construcións e de Fábricas de albanelería, mentras que a outra metade o de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

A formación teórica compaxinarase coa práctica mediante a realización de obras de utilidade pública. Neste caso, os traballos que se proxectan en Valga son o acondicionamento do Camiño Portugués, a continuación das obras no edificio de usos administrativos, o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal e a mellora de zonas de lecer como a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro.

A Xunta de Galicia aprobou unha aportación económica de 288.807 euros para financiar este obradoiro.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver