Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Quérese así subsanar a necesidade e urxencia que ten o Concello de Valga para cubrir postos con persoal que desempeñe funcións propias de funcionarios de carreira

- As solicitudes poden presentarse nun prazo de 20 días naturais a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado

 

Valga, 14 de setembro de 2018.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, aprobou mediante resolución de Alcaldía as bases e a convocatoria para a selección, en réxime de interinidade, dun Técnico de Administración Xeral mediante sistema de concurso/oposición ante a necesidade e urxencia que ten o Concello de Valga en cubrir postos con persoal que desempeñe funcións propias de funcionarios de carreira.

A referida praza inclúese na Oferta Pública de Emprego correspondente ao exercicio do ano 2018. Para participar nas probas de selección é necesario

- Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, permita o acceso ao emprego público

- Estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de grao en Dereito ou equivalente con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado.

- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

As solicitudes dirixiranse ao alcalde e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A solicitude deberá ir acompañada por:

  • Fotocopia do NIF ou, no seu caso, pasaporte.
  • Curriculum vitae do aspirante, e documentación acreditativa dos méritos que se aleguen a efectos de valoración na fase de concurso.
  • Documento xustificativo de estar en posesión do CELGA 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, aos efectos da exención da proba de coñecementos de galego.

Para máis información consultar o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia premendo no seguinte enlace: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/09/07/2018043689

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver