Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Todas inclúen una sesión gratuíta de proba e os prezos oscilan entre os 15 e os 30 euros

- O servizo de ximnasio, a xestión do pavillón e das pistas deportivas de Beiro foron adxudicados recentemente a Antonio González

DSC 0042

Valga, 14 de setembro de 2018.

O ximnasio municipal pon en marcha as actividades de ioga, pilates, zumba e ximnasia de mantemento e ofrece unha sesión de proba gratuíta aos usuarios que queiran incorporarse ás sesións.

A ximnasia de mantemento, recomendada para maiores de 55 anos, impártese dous días á semana (luns e mércores) de 18 a 19 horas e o prezo é de 15 euros ao mes. Esta actividade axuda a mellorar a flexibilidade e mobilidade, a forza, coordinación e equilibro.

O ioga, que contribúe á relaxación e ao benestar emocional, mellora a tonificación e aumenta a resistencia muscular e a flexibilidade, impártese os venres de 20:30 a 21:30 por 15 euros mensuais.

No que respecta ao pilates, as sesións desenvólvense os luns e mércores en tres grupos moi reducidos para un mellor control nos exercicios. Esta actividade, dirixida a persoas a partir de 16 anos, contribúe ao fortalecemento abdominal e dorsal, á reeducación e corrección de malos hábitos, e mellora a mobilidade da columna vertebral. O prezo é de 30 euros ao mes.

Por último ofértase a actividade de zumba para todas as idades (a partir de 12 anos). Esta combinación de baile e exercicio axuda a queimar calorías e tonifica o corpo. Comeza a impartirse o día 18 e durante o mes de setembro será gratuíta como proba. A partir de outubro o prezo será de 20 euros ao mes (10 euros para abonados) e as sesións están fixadas para os martes e xoves de 21 a 22 horas.

Para inscribirse en calquera destas actividades pódese chamar ao número de teléfono 619 922 911.

A xestión do ximnasio municipal, xunto co pavillón municipal de Beiro e as pistas deportivas do Muíño de Vento foi recentemente adxudicada a Antonio González Pérez  por un período de 15 anos prorrogables ata 20.

O horario do ximnasio é de 9 a 12:30 e de 18 a 23 horas de luns a venres e conta cun método propio cun panel de máis de 200 exercicios distintos e 20 programas de adestramento diferentes para queimar calorías, aumentar a masa muscular, aumento da forza, prevención de lexións, preparación de probas físicas ou mellora do rendemento deportivo, entre outros. Todos os bonos inclúen un programa de exercicios gratuíto.

O pavillón municipal de Beiro e as pistas deportivas do Muíño de Vento están dispoñibles para os usuarios no mesmo horario que o ximnasio. As pistas alúganse por un prezo de 3 euros a hora e o pavillón  por 12 euros a hora para actividades non lucrativas e 20 euros a hora para actividades lucrativas. As persoas interesadas en alugar estas instalacións municipais teñen que chamar ao número de teléfono 619 922 911.

ACTIVIDADES TOÑO XIMNASIO MUNICIPAL

xim

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver