Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os rexedores amósanse convencidos de que a cooperación beneficiará mutuamente aos dous concellos e aos seus veciños

- O letón Vents Armands Krauklis rematou “impresionado” a súa primeira visita institucional a Valga: “coñecín lugares preciosos, a xente fantástica e comprobei como este concello medra cada vez máis”

memorando1

Valga, 27 de agosto de 2018.

Os alcaldes de Valga, José María Bello Maneiro, e de Valka (Letonia); Vents Armands Krauklis, asinaron o sábado durante os actos de celebración da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País o memorando de irmandamento entre as dúas localidades, unha relación que quere abarcar tanto os ámbitos educativo, cultural e empresarial en beneficio da veciñanza. Os dous rexedores amosáronse convencidos de que a cooperación beneficiará mutuamente aos dous municipios e servirá para profundizar na unión territorial, fomentando a cidadanía europea e provomendo, así, unha Europa máis unida.

A sinatura tivo lugar no Salón de Plenos con motivo da primeira visita institucional de Vents Armands Krauklis a Valga. O texto do memorando ratifica a vontade dos dous concellos de promover relacións de amizade e unión e que estas sirvan de estímulo para todos os sectores que forman o tecido civil, social e económico, así como o intercambio de experiencias e iniciativas co fin de lograr a difusión mutua das súas potencialidades endóxenas, dos seus recursos e proxectos, para así desenvolver accións promocionais nas súas respectivas áreas de influencia.

A cooperación abarcará as seguintes áreas: a educación e o coñecemento (en especial en materia de ensinos medios); cultura, deportes e preservación das tradicións; promoción de proxectos emprendedores; presentación de candidaturas conxuntas para optar a fondos europeos; actividade económica e colaboración entre as asociacións empresariais. Sobre este último sector, ámbolos dous concellos comprométense a apoiar as iniciativas de alianza estratéxica entre empresas que promovan acción de innovación e transferencia tecnolóxica.

Un acordo semellante asinouse o ano pasado coa localidade de Valga (Estonia), fronteiriza con Valka. Valga e Valka foron históricamente unha mesma localidade que quedou dividida entre dous países ao remate da Primeira Guerra Mundial. A esta circunstancia referiuse José María Bello Maneiro no acto de sinatura do memorando ao aseguran que “en 1920 rachouse a unidade política deste concello, pero a pesar diso o pobo segue estando unido. En Valga e Valka teñen un lema, “Unha cidade, dous países”, que significa que a unión do pobo está por enriba das decisións políticas”. Esto debe servir de exemplo e de modelo, engadiu, para as novas relacións que se están a establecer entre as tres Valgas da Unión Europea: “a unión dos tres pobos en beneficio dos veciños”, remarcou Bello Maneiro.

Pola súa parte, Vents Armands Krauklis confesouse “impresionado” pola experiencia vivida na súa primeira visita institucional a Valga. “Coñecín lugares preciosos, a xente fantástica e comprobei como este concello está a medrar cada vez máis”, dixo.

O rexedor letón asinou, ademais, no Libro de Ouro do Concello. Bello Maneiro asallouno cunha placa conmemorativa desta primeira visita institucional, mentras que Vents Armands fíxolle entrega ao alcalde dunha moeda conmemorativa do centenario da independencia de Letonia, válida en toda a Unión Europea e da que só se fabricaron 2.000 exemplares.

memorando2 memorando3

memorando4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver