Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Está dirixido a persoas a partir de 16 anos que poden inscribirse chamando ao número de teléfono 986 55 94 56

- Os contidos centraranse no manexo básico dun ordenador

iniciacion completo

Valga, 27 de agosto de 2018.

A Aula CeMIT de Valga retoma a súa actividade no mes de setembro e faino impartindo un curso de iniciación á informática de 21 horas de duración e que se prolongará ata mediados de outubro.

Os contidos do curso centraranse no manexo básico dun ordenador: como encendelo e apagalo correctamente, manexar o rato e o teclado con soltura, familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do sistema operativo, aprender a xestionar arquivos e carpetas (crear, copiar, eliminar…), crear, editar ou imprimir un documento cun editor de textos  e copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete ou memoria USB).

A actividade está dirixida a persoas a partir de 16 anos de idade, que poden inscribirse de forma presencial na propia Aula CeMIT ou chamando ao número de teléfono 986 55 94 56. Hai doce prazas dispoñibles.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver