Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra permanece aberta dende hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial de 10 a 13 horas e entre as 19 e as 21

- O colectivo organizador, que conta coa colaboración do Concello para esta actividade, está integrado por unha decena de veciñas de Valga e arredores

bolillos1

Valga, 23 de agosto de 2018.

A Asociación Cultural Palilleiras de Valga expón dende hoxe e ata o sábado no Salón de Plenos da Casa Consistorial traballos de encaixe de bolillos realizados polas integrantes do colectivo, que conta coa colaboración do Concello para a organización desta actividade xa habitual coincidindo coa Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. A mostra pode verse ata o sábado de 10 a 13 horas polas mañás e de 7 a 9 polas tardes.

Entre os traballos que locen no Salón de Plenos hai colchas, toallas, chales, cortinas, pulseiras, broches, abanicos, panos ou babeiros e outros complementos e roupa infantil. Son pezas elaboradas durante o ano pola decena de integrantes da asociación.

Ángela Santos é a profesora que unha vez á semana imparte clases na Casa da Cultura  ao resto de palilleiras deste colectivo cultural que, ademais de organizar esta exposición anual, participa de xeito frecuente en encontros de bolillos en distintas zonas de Galicia.

bolillos2 bolillos3

bolillos4 bolillos6

bolillos5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver