Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O rexedor letón e José María Bello Maneiro asinarán un memorando de irmandamento entre as dúas vilas homónimas

- Durante a súa estancia coñecerá algúns dos principais recursos da vila e visitará lugares e infraestruturas de interese

IMG 82596

Valga, 22 de agosto de 2018.

O alcalde de Valka (Letonia), Vents Armands Krauklis, realiza a partir de mañá a súa primeira visita institucional a Valga con motivo da celebración da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O rexedor letón será recibido no aeroporto polo seu homólogo valgués, José María Bello Maneiro, e outros representantes do Concello. Durante a súa estancia en Valga, Vents Armands Krauklis coñecerá algúns dos principais recursos da vila e  visitará lugares e infraestruras de interese.

Na xornada do sábado, participará nos actos centrais da Festa da Anguía e Mostra da Caña. Ás 21 horas, trala recepción de autoridades na Casa do Concello, Vents Armands Krauklis e José María Bello Maneiro asinarán un memorando de irmandamento en catro idiomas: galego, castelán, inglés e letón. O alcalde letón recibirá, ademais, de Bello Maneiro unha placa conmemorativa da súa primeira visita institucional a Valga e asinará no Libro de Ouro do Concello.

O novo alcalde de Valga (Estonia),  Margus Lepik, que tamén foi convidado a participar nestes actos de irmandamento, visitará Valga noutra ocasión, xa que tiña estas datas ocupadas por outros compomisos.

IMG 8256

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver