Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Das dezaoito comisións que se presentaron ao certame son finalmente catorce as que optan aos premios

- Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro sábado durante a XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

xuradoev1

Valga, 20 de agosto de 2018.

O xurado do concurso “Embelecer Valga” percorreu o pasado sábado os lugares acondicionados polos veciños para elixir, de entre todos, ao lugar máis fermoso. Das dezaoito comisións veciñais que presentaron os seus proxectos de mellora de espazos e infraestruturas públicas son, finalmente, catorce as que optan aos premios. As catro obras restantes non puideron ser visitadas polo xurado xa que as obras non se chegaron a rematar as obras e, nalgúns casos, nin sequera comezaron.

Os lugares que optan aos premios son Cimadevila, San Miguel, Laceiras, Avenida da Coruña, Baño, Casaldeirigo, Cernadas, Cerneira, Barro, Canle, Barcia, Beiro, Vilarello e Vilar. O xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, e tivo como vogais a un representante de cada comisión veciñal participante. Actuou como secretario o concelleiro de Facenda e Patrimonio, José Ángel Souto. O proxecto máis valorado será premiado cun agasallo, diploma e 300 euros e o segundo clasificado recibirá os mesmos galardóns coa excepción da cantidade económica, que ascenderá a 200 euros. Os demais grupos presentados ao certame recibirán un diploma e unha gratificación de 100 euros. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro sábado no trancurso da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O concurso “Embelecer Valga” premia ao lugar máis fermoso acondicionado e engalanado pola cidadanía, xa sexa no ámbito urbano ou rural, de maneira que se implique á veciñanza no coidado e arranxo dos espazos públicos da vila, acometendo de forma voluntaria e gratuíta accións consistentes na limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación de paraxes. Os participantes tiveron que formar unha comisión veciñal e presentar no Concello unha pequena memoria descritiva das accións de mellora a desenvolver e os materiais que estimaban precisos, ademais dunha reportaxe fotográfica do estado no que se atopaba o lugar no que se levaron a cabo as actuacións. A administración local facilitoulles os medios precisos para a execución dos proxectos e puxo á súa disposición os materiais necesarios para o desenvolvemento das obras.

Os proxectos que o sábado visitou o xurado foron:

  1. Avenida da Coruña: colocación de pérgolas e unha casiña de madeira no parque. Instalación de mesa e bancos e outro mobiliario urbano feito con materiais reciclados. Limpeza e saneamento da zona de xogos e plantación de árbores.
  2. Baño: acondicionamento exterior dunha das antigas vivendas dos profesores.
  3. Barcia: limpeza do parque, colocación de xogos, un rocódromo, plantas e outros accesorios. Instalación dun calefactor e un mesado no local veciñal.
  4. Barro: construción dunha caseta de aluminio e madeira para o parque e acondicionamento do mesmo.
  5. Beiro: Arranxos no parque (pintar, repoñer malla e bancos).
  6. Canle: Instalación de bancos, pavimentado con pedra no entorno da piscina e do pilón, colocación de enreixado de aluminio na piscina, ampliación de xogos no parque infantil e embelecemento do entorno con plantas.
  7. Casaldeirigo: acondicionamento do entorno da capela da Saúde.
  8. Cernadas: arranxo do lavadoiro.
  9. Cerneira: instalación de mesa con bancos e xogos no parque. Dotación de plantas e maceteiros e novo peche.
  10. Cimadevila: mantemento e limpeza do entorno do Camiño de Santiago en Cimadevila e Souto.
  11. Laceiras: Acondicionamento do local social e do parque.
  12. San Miguel: reforma da fonte e do lavadoiro e acondicionamento e reposición de plantas no entorno do cruceiro.
  13. Vilar: dotación de mobiliario no parque e mantemento do mesmo. Limpeza e restauración do lavadoiro.
  14. Vilarello: renovación e acondicionamento dos lavadoiros da Fonte e da Táboa. Renovación de plantas e acondicionamento do recinto do parque. Limpeza e acondicionamento da pista de tenis e do entorno da marquesiña.

xuradoev2 xuradoev3

xuradoev4 xuradoev5

xuradoev6 xuradoev7

xuradoev8 xuradoev9

xuradoev1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver