Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O concerto terá lugar o sábado 18 de agosto no Parque Irmáns Dios Mosquera

- A entrada é de balde para todo o público que queira asistir

vivee

Valga, 7 de agosto de 2018.

O programa "VIve o camiño", co que Turismo de Galicia promociona o Camiño Portugués a través das artes escénicas e da música, chega a Valga o vindeiro 18 de agosto. Os músicos Magín Blanco e M.J. Pérez ofrecerán senllas actuacións no Parque Irmáns Dios Mosquera con entrada de balde para todo o público que queira asistir.

Magín Blanco será o primeiro en actuar. A partir das 21 horas presentará o seu novo espectáculo, "Camiños", no que mistura cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos.

Arredor das 22 horas será o turno de M.J. Pérez, unha das novas voces do panorama musical galego. O seu espectáculo "Sigo facendo camiño" fusiona diferentes estilos musicais, co predominio do pop-rock.

En caso de mal tempo, as actuacións trasladaranse ao Auditorio Municipal.

Vive o camiño

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver