Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello aporta os materiais precisos para executar as obras e outorgará gratificacións de 300, 200 e 100 euros

- O xurado, presidido pola concelleira de Cultura e integrado por representantes de cada grupo de veciños, valorará as actuacións o día 18 de agosto cun percorrido polos distintos lugares

embeleceravcoruña

Valga, 1 de agosto de 2018.

Dezaoito comisións veciñais de catorce lugares do municipio presentaron no Concello os seus proxectos de mellora e acondicionamiento de espazos e infraestruturas públicas cos que concorren ao concurso “Embelecer Valga”. Este certame premia ao lugar máis fermoso acondicionado e engalanado pola cidadanía, xa sexa no ámbito urbano ou rural, de maneira que se implique á veciñanza no coidado e arranxo dos espazos públicos, acometendo accións de limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación de paraxes.

Para elo tiveron que formar unha comisión veciñal e presentar no Concello unha pequena memoria descritiva das accións de mellora a desenvolver e os materiais que se estiman precisos, ademais dunha reportaxe fotográfica do lugar no que se levarán a cabo as actuacións. A administración local facilitará todos os medios para a execución dos proxectos e porá a disposición dos participantes os materiais necesarios para o desenvolvemento das obras. A execución das mesmas debe estar rematada na terceira semana de agosto, xa que o día 18 o xurado fará un percorrido para valorar as actuacións.

O tribunal estará presidido pola concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, e terá como vogais a un representante de cada comisión veciñal participante. Actuará como secretario o concelleiro de Facenda e Patrimonio, José Ángel Souto. O proxecto máis valorado será premiado con 300 euros e o segundo clasificado, 200 euros. Os demais grupos presentados ao certame recibirán unha gratificación de 100 euros.

As comisións que concorren ao concurso e os seus respectivos proxectos son:

     1.    Avenida da Coruña: colocación de pérgolas e unha casiña de madeira no parque. Intalación de mesa e bancos e outro mobiliario urbano feito con materiais reciclados. Limpeza e saneamento da zona de xogos e plantación de árbores.

     2. Baño: acondicionamento exterior dunha das antigas vivendas dos profesores.

     3.    Barcia: limpeza do parque, colocación de xogos, un rocódromo, plantas e outros accesorios. Instalación dun calefactor e un mesado no local veciñal.

     4.    Barro: construción dunha caseta de aluminio e madeira para o parque.

     5.    Beiro: Arranxos no parque (pintar, repoñer malla e bancos).

     6.    Canle: Instalación de bancos, pavimentado con pedra no entorno da piscina e do pilón, colocación de enreixado de aluminio na piscina, ampliación de xogos no parque infantil e embelecemento do entorno con plantas.

     7.    Casaldeirigo: acondicionamento do entorno da capela da Saúde.

     8.    Cernadas: arranxo do lavadoiro.

     9.    Cerneira: instalación de mesa con bancos e xogos no parque. Dotación de plantas e maceteiros e novo peche.

    10.    Cimadevila: mantemento e limpeza do entorno do Camiño de Santiago en Cimadevila e Souto.

    11.    Igrexa (Setecoros) I: Arranxos no parque infantil.

    12.    Igrexa (Setecoros) II: finalización do aparcadoiro, colocación de cancelas nas rampas de acceso ao teleclub e ao cemiterio, recebo do muro do parque infantil e mellora da iluminación na entrada á igrexa.

    13.    Igrexa (Setecoros) III: Colocación de bordillos de pedra nos corredores do cemiterio antigo e instalación dunha fonte e unha mesa de altar. Instalación de rego automático no camposanto.

    14.   Laceiras: Acondicionamento do local social, renovación do parque infantil e rehabilitación dun pozo de auga.

    15.    Moldes: reparación do parque.

    16.    San Miguel: reforma da fonte e do lavadoiro e acondicionamento e reposición de plantas no entorno do cruceiro.

    17.    Vilar: dotación de mobiliario no parque e mantemento do mesmo. Limpeza e restauración do lavadoiro.

    18.    Vilarello: renovación e acondicionamento dos lavadoiros da Fonte e da Táboa. Renovación de plantas e acondicionamento do recinto do parque. Limpeza e acondicionamento da pista de tenis e do entorno da marquesiña.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver