Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na sesión ordinaria aprobouse a creación dunha área de servizo para autocaravanas

- A Corporación posicionouse en contra da reapertura da mina de Touro

museofachada

Valga, 17 de xullo de 2018.

O Pleno acordou onte, cos votos favorables do grupo de goberno, aceptar as cesións de catro particulares para aumentar os contidos e materiais expositivos do Museo da Historia. Trátase de cesións gratuítas e sen compensación económica por parte do Concello de pezas vencelladas con Xesús Ferro Couselo, A Bella Otero e co patrimonio de Valga.

Os materiais que se incorporan ao Museo inclúen 19 obxectos que pertenceron ao investigador e historiador Xesús Ferro Couselo, Fillo Predilecto de Valga, entre eles unha cámara fotográfica, as medallas da Real Académia Galega e do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e Ciencias, unha máquina de escribir e un retrato, cedidos por María Teresa Ferro Delgado, filla de Ferro Couselo.

A relación de material vencellado á Bella Otero inclúe un álbum con 118 postais, 7 fotos e 23 fotos postais, un CD cunha actuación da artista da Belle Époque, pratos de porcelana, 19 revistas e 3 libros, entre outras pezas, propiedade de María Carmen Castiñeiras.

María Dolores Bello, en representación da Xoiería San Lois, cede ao Concello un colar de perlas para decorar unha figura da Bella Otero, e Modesto Rodríguez Blanco aporta un marco de delimitación parroquial de San Miguel de Valga datado entre os séculos XVII e XVIII e unha pedra que semella ter liñas circulares.

Tamén cos únicos votos a favor do grupo de goberno, quedou aprobado o expediente para a expropiación urxente de terreos para a execución do saneamento nas Cernadas, en concreto para a instalación dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) que dará servizo aos núcleos de Bronllo, Cernadas e Casaldeirigo, na parroquia de Setecoros.

Por unanimidade saiu adiante a solicitude de creación dunha área de servizo para autocaravanas plantexada pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). O espazo, no que se permitirá o estacionamento destes vehículos, estará emprazado en Vilarello e contará con servizos de abastecemento de augas e de saneamento.

Por último, a Corporación aprobou de xeito unánime as tres mocións que se debatiron na sesión ordinaria. Unha de urxencia presentada polo goberno para dividir en dúas anualidades o financiamento do proxecto de instalación dun forno de cerámica no CODI, e dúas do grupo socialista sobre a mellora de mobiliario urbano e contra a reapaertura da explotación mineira de Touro-O Pino. Sobre esta última, o alcalde, José María Bello Maneiro, recalcou que "sempre estaremos en contra de calquera proxecto que prexudique aos nosos veciños e ao noso entorno".

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver