Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Vinte persoas desempregadas recibiron formación nas especialidades de albanelería e carpintería e executaron obras en espazos e edificios públicos

- A Xunta de Galicia financiou a acción formativa cunha inversión de 280.000 euros

clausuraobra10

Valga, 16 de xullo de 2018.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II, que promoveron os concellos de Valga e Moraña, clausurouse esta mañá despois de nove meses de formación nas especialidades de albanelería e carpintería. O acto de clausura contou coa presenza do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e os alcaldes de Valga e Moraña, José María Bello Maneiro e Luisa Piñeiro.

O Obradoiro, financiado pola Xunta de Galicia con 280.000 euros, desenvolveuse dende mediados de outubro de 2017, un período no que os vinte alumnos desempregados participantes recibiron formación teórica e realizaron traballos e percibiron o salario mínimo interprofesional. Esta mañá recibiron das autoridades os diplomas e certificados de profesionalidade nos ámbitos de Operacións auxiliares de revestimentos en construción e fábricas de albanelería e Traballos en carpintería e moble e aplicacións de barnices e lacas.

No transcurso do Obradoiro, os alumnos executaron obras en espazos e edificios públicos. No caso de Valga, traballaron no interior do Edificio Administrativo, no que as alumnas da especialidade de albanelería realizaron o levantamento das tabiquerías de fábrica de ladrillo e o revestimento das mesmas a base de morteiro, separando o hall, aseos, pasillos e as dependencias que albergarán a radio municipal. Tamén fixeron unha soleira de recrecido do piso, limparon e rexuntaron con morteiro coloreado as paredes de pedra e alicataron e solaron os aseos.

Pola súa parte, o alumnado do módulo de carpintería instalou o falso teito a base de madeira entablillada, levantaron as paredes de chapa de madeira, instalaron cornixas e rodapés e colocaron as portas e chan de tarima.

O alcalde, José María Bello Maneiro, felicitou aos participantes pola formación adquirida, que lles facilitará a súa inserción no mercado laboral, e tamén polas obras executadas en beneficio de todos os veciños.  Lembrou, ademais, que os concellos de Valga e Moraña teñen presentado un novo proxecto de obradoiro de emprego para o vindeiro ano 2019 ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

clausuraobra1 clausuraobra2

clausuraobra3 clausuraobra4

clausuraobra5 clausuraobra6

clausuraobra7 clausuraobra8

clausuraobra9

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver