Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Foi atopada en bo estado nas proximidades da Mina Mercedes
 
- O Concello agradece a colaboración dos efectivos de emerxencias e dos veciños que participaron na busca
 
 
Valga, 6 de xullo de 2018.
 
Emilia Gomez, veciña de Louro de 74 anos de idade, foi localizada polos servizos de emerxencias viva e en aparente bo estado. 
 
Foi atopada nas proximidades da Mina Mercedes (lugar no que se centrou a busca dende esta tarde, xa que nesta zona fora vista por última vez) e trasladada ao Centro de Saúde para ser evaluada polos médicos.
 
O Concello agradece aos efectivos do Grupo de Emerxencias, Protección Civil e Garda Civil a súa rápida resposta ante a desaparición e os medios mobilizados para atopar a Emilia Gómez, densde cans de rastrexo ata un dron cos que traballaron na Mina Mercedes e no seu entorno.
 
O goberno municipal tamén transmite o seu agradecemento aos veciños que participaron nos rastrexos e que se ofreceron voluntarios para colaborar na busca.
 
Todos eles constribuíron a un feliz desenlace.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver