Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaranse obradoiros, xogos educativos e rutas polo municipio de luns a venres en horario de mañá

- A Escola pretende favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período no que os rapaces están de vacacións

escoveran

Valga, 10 de xullo de 2018.

Oitenta nenos valgueses de entre 5 e 14 anos de idade participan a partir do vindeiro luns, 16 de xullo, na Escola de Verán con actividades gratuítas que o Concello de Valga organiza durante a época estival co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións. As actividades da Escola de Verán, organizada entre varias Concellerías e departamentos municipais, desenvolveranse de luns a venres de 10 a 13 horas.

Os nenos poderán divertirse e compartir experiencias durante todo o verán con actividades lúdicas e educativas como as rutas “Valga a pé”, contacontos, bibliotecas estivais, cineforum, cifras e letras, manualidades e xogos populares, de mesa e na rede. Ademais, a programación inclúe os obradoiros Educando en Igualdade, Seguridade e primeiros auxilios con Protección Civil, Contos da festa no faiado ou Museo Científico, entre outros.

Ao marxe da Escola de Verán, as familias teñen tamén como alternativa durante as vacacións escolares outras actividades como patinaxe, pintura, piragüismo ou tenis, que son de pago.

Escola11

Escola22

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver