Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A escola municipal despideu o curso cunha festa á que asistiron as familias dos alumnos

- Os mozos de A Eira realizaron bailes e coreografías

faeira1

Valga, 3 de xullo de 2018.

A Escola Infantil e a asociación cultural e xuvenil A Eira celebraron nos últimos días senllos festivais no Auditorio Municipal.

A Escola Infantil pechou o curso cunha festa que incluíu actuacións do alumnado e do profesorado e que serviu, tamén para despedir aos nenos que rematan a súa etapa educativa neste centro. Os “licenciados” recibiron os seus diplomas ao remate do festival, ao que asistiron como público as familias dos alumnos.

A escola municipal continúa aberta no verán. Durante o mes de xullo co seu horario habitual, dende as 8 da mañá ata as 20 horas, e en agosto de 8 a 16 horas.

A asociación xuvenil A Eira tamén celebrou o seu festival, neste caso para dar a benvida ao verán con coreografías e actuacións musicais nas que os máis mozos foron os protagonistas.

O alumnado da escola de baile da asociación, que ten a Daniel Pintos como mestre, realizou distintas coreografías. O festival contou tamén coas actuación de Rebeca Fernández, Zelani Blanco e Irene e Inma Bermúdez, colaboradoras de A Eira, que cantaron en directo.

fgurde1 fguarde2 fguarde3 fguarde4 faeira2 faeira3 faeira4 faeira5

Máis fotos do festival da Escola Infantil: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.269126753635785.1073742006.131969484018180&type=1&l=0217db736e

Maís fotos do festival da asociación A Eira: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.269907743557686.1073742009.131969484018180&type=1&l=0435e0f077

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver