Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Tamén se instalaron novas canalizacións para a recollida de augas pluviais nos patios cubertos do colexio de Baño

- O alcalde e a concelleira de Educación xestionaron ante a administración autonómica o financiamento dos traballos

DSC 0340

Valga, 27 de xuño de 2018.

A Xunta de Galicia contratou á empresa local Gama e Hijos as obras de renovación da cuberta e a colocación de canalóns no pavillón municipal de Baño, uns traballos que comezaron nos últimos días e que son financiados pola administración autonómica

Estase a instalar un novo tellado na zona dos vestiarios, que quedara pendente nunha actuación anterior na que se renovara boa parte da cuberta do polideportivo. Asimesmo, os operarios están a colocar as canalizacións e baixantes para a recollida de augas pluviais.

Nas semanas anteriores executárons tamén obras similares no recinto do colexio Baño-Xanza. Instaláronse nos dous patios cubertos do centro novos canalóns con maior capacidade. Os anteriores, máis estreitos, non daban abasto nos días de moita chuvia. Ao non ter capacidade para recoller todas as aguas, desbordaban e deixaban inutilizados os patios cubertos.

DSC 0344 DSC 0500

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver