Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os obradoiros, xogos e rutas desenvolveranse de luns a venres pola mañá a partir do 16 de xullo

- As inscricións pódense tramitarse ata o día 6 de xullo na Casa Consistorial ou no Auditorio

eeveran

Valga, 18 de xuño de 2017.

O Concello de Valga organiza durante a época estival diversas actividades gratuítas para nenos e mozos co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións. A Escola de Verán, na que colaboran varias Concellerías e departamentos municipais, está aberta á participación de rapaces de entre 5 e 14 anos, cuxas familias teñen de prazo ata o día 6 de xullo para tramitar a inscrición na Casa Consistorial, no Auditorio Municipal ou nos colexios. A folla de inscrición tamén pode descargarse premendo AQUÍ.

As actividades desenvolveranse de luns a venres de 10 a 13 horas a partir do 16 de xullo.

Os nenos poderán divertirse e compartir experiencias durante todo o verán con actividades lúdicas e educativas como as rutas “Valga a pé”, contacontos, bibliotecas estivais, cineforum, cifras e letras, manualidades e xogos populares, de mesa e na rede. Ademais, a programación inclúe os obradoiros Educando en Igualdade, Seguridade e primeiros auxilios con Protección Civil, Contos da festa no faiado ou Ciencia en ruta, entre outros.

Actividades non gratuítas

As familias teñen tamén como alternativa outras actividades de pago, como patinaxe, pintura, piragüismo ou tenis. As clases de pintura impártense os mércores do mes de xullo de 18 a 20 horas por 18 euros ao mes (15 para irmáns) e a escola de patinaxe “Verán sobre rodas”, con dúas sesións semanais, ten un custo de 32 euros por mes (30 para irmáns).

Os rapaces poden, igualmente, practicar piragüismo da man da Escola Supramunicipal. En Pontecesures esta actividade prolóngase de xuño a setembro para mozos de 11 a 13 anos de idade e, en Catoira, desenvólvese entre o 3 de xullo e o 31 de agosto para rapaces a partir de 7 anos. Por último, está programado un curso de verán de tenis que terá lugar no pavillón de Cordeiro nos meses de xullo e agosto.

Escola11

Escola22

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver