Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cun orzamento de 348.807, o obradoiro consta de dous módulos de albanelería e montes para formar a vinte desempregados

- Tamén se reservan 55.800 euros para o acondicionamento do Parque Irmáns Dios Mosquera

plenoo

Valga, 15 de xuño de 2018.

O Pleno aprobou na sesión extraordinaria de onte e cos votos favorables do grupo de goberno o proxecto do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III e a solicitude de subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a súa posta en marcha.

O obradoiro, que conta cun orzamento de 348.807 euros e que promoven conxuntamente os concellos de Valga e Moraña, ten prevista unha duración de nove meses, un período durante o cal formará e ofrecerá cualificación profesional a vinte persoas desempregadas co obxectivo de favorecer a súa posterior inserción no mercado laboral.

Consta de dous módulos de albanelería e montes e, ademais da formación teórica, inclúe a prácticas laborais coa realización de obras de utilidade pública. En Valga os traballos que inclúe o proxecto son o acondicionamento do Camiño Portugués, a continuación das obras no edificio de usos administrativos, o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal e a mellora de zonas de lecer como a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro.

Na sesión plenaria tamén se aprobou, só cos votos favorables dos concelleiros do equipo de goberno, un expediente de modificación de crédito para reinvestir 400.000 euros da Caixa de Anticipos da Deputación Provincial que, inicialmente, se tiñan reservado para as obras do edificio administrativo.

O alcalde explicou que o cambio de destino destes fondos “vén dado porque a Deputación denegou ao Concello a subvención solicitada para este proxecto, o que imposibilita rematar as obras do edificio nestes momentos”. A meirande parte, 344.127’80 euros, investiranse na mellora e pavimentación de estradas de titularidade municipal. Os 55.872’20 destinaranse traballos de acondicionamento no Parque Irmáns Dios Mosquera.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver