- O obradoiro Ulla-Umia III, cun orzamento de 348.807, consta de dous módulos de albanelería e montes

- En Valga plantéxanse traballos de acondicionamento do Camiño Portugués, melloras no ximnasio municipal e a continuación das obras do edificio administrativo

obraedificio

Valga, 13 de xuño de 2018.

O Concello de Valga, de novo en alianza con Moraña, optará ás subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para poñer en marcha un novo Obradoiro de Emprego co que formar e ofrecer unha cualificación profesional a vinte persoas desempregadas co obxectivo de favorecer a súa posterior inserción no mercado laboral. O proxecto, denominado Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, someterase a votación no Pleno convocado para mañá.

O obradoiro, cunha duración prevista de nove meses, consta de dous módulos centrados nas familias profesionais da Albanelería e Montes. A metade dos alumnos, dez, obterían os certificados de profesionalidade de Operacións auxiliares de revestimentos en construcións e de Fábricas de albanelería, mentras que a outra metade o de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Ademais, os participantes percibirían o salario mínimo interprofesional.

Os obradoiros de emprego compaxinan a formación teórica coa práctica laboral mediante a realización de obras e servizos de utilidade pública. Neste caso, os traballos que se proxectan en Valga son o acondicionamento do Camiño Portugués, a continuación das obras no edificio de usos administrativos, o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal e a mellora de zonas de lecer como a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro.

O orzamento do proxecto ascende a 348.807 euros.

A orde do día do Pleno extraordinario inclúe tamén un expediente de modificación de crédito para reinvestir 400.000 euros da Caixa de Anticipos da Deputación Provincial que, inicialmente, se tiñan reservado para as obras do edificio administrativo. Dado que a Deputación denegou ao Concello a subvención solicitada para este proxecto, o que imposibilita rematar as obras do inmoble nestes momentos, solicitouse un cambio de destino: 344.127’80 euros investiranse na mellora e reparación de estradas municipais e 55.872’20 no Parque Irmáns Dios Mosquera.

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver